A psoríase é unha doenza autoinmune que se caracteriza por manchas anormais na pel. Estas manchas na pel son polo xeral vermellas, resecas, con proído e descamación. Nas persoas coa pel escura as manchas poden adquirir a cor púrpura. A psoríase varía en función do seu tamaño e poden ser manchas localizadas ou estendidas por todo o corpo. As lesións na pel poden desencadear cambios psoriáticos na rexión afectada, o cal é coñecido como fenómeno de Koebner.
Existen cinco tipos principais de psoríase: vulgar, guttata, inversa, pustulosa e eritrodérmica. A psoríase de placas, tamén coñecida como psoriasis vulgaris, supón arredor do 90% dos casos. Preséntase polo xeral como manchas vermellas con escamas brancas na parte superior. As áreas do corpo que adoitan ser as máis afectadas son a parte posterior dos antebrazos, canelas, área do embigo e o coiro cabeludo. A psoríase guttata presenta lesións en forma de pinga. A psoríase pustulosa presenta pequenas bóchegas non infecciosas cheas de brume. A psoríase inversa forma parches vermellos nos pregos da pel. A psoríase eritrodérmica ocorre cando a erupción se estende moito e pode desenvolverse a partir de calquera dos outros tipos. As unllas das mans e dos pés vense afectadas na maioría das persoas con psoríase nalgún momento da súa vida. Isto pode provocar manchas ou cambio de cor nas unllas.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 158 475 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 419 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.